A faia de Ponthus. Le Roi de la Galice

Proxecto literario e editorial que recupera a historia do rei mítico da Galiza, Ponthus, reinterpretando o roman medieval Ponthus et la belle Sidonie. A iniciativa inclúe a publicación dunha plaquette literaria de arte e a realización de eventos literario-musicais baixo árbores senlleiras da Galiza. Os textos están a cargo de Alba Cid e Estevo Creus, […]
A historia do Reino Medieval de Galicia contada por Teodoro e Atanasio

Webserie orixinal de 8 capítulos, cunha duración aproximada de 3 minutos cada un, sobre os aspectos máis destacados da época do Reino Medieval de Galicia. Os protagonistas foron Teodoro e Atanasio, discípulos do Apóstolo Santiago, quen narraron estes episodios en ton cómico pero con rigor histórico. A webserie estivo dirixida ao público xuvenil e foi […]
A letra do Reino

A lingua galega, símbolo fundamental da nosa identidade como pobo, non só foi vehículo de comunicación e creación literaria ao longo da historia, senón que tamén influíu na conformación de tipografías propias durante a época medieval, cando Galicia se consolidou como reino. Este proxecto busca recuperar e poñer en valor esas tipografías históricas, adaptándoas aos […]
Biografías esenciais do Reino da Galiza

O proxecto desenvolveuse en dúas liñas fundamentais: a edición e distribución de tres libros divulgativos sobre figuras clave da historia medieval galega, e a creación de tres podcast baseados nos mesmos contidos, buscando así alcanzar un público diverso a través de diferentes formatos. A primeira liña consistiu na publicación de tres volumes que foron distribuídos […]
Cantigas e Murais para o coñecemento do Reino Medieval de Galicia

O proxecto foi unha proposta educativa, artística e musical centrada na divulgación do Reino Medieval de Galicia, desenvolvida en cinco centros de ensino secundario da provincia da Coruña. A iniciativa combinou concertos didácticos, murais artísticos e materiais pedagóxicos para achegar ao alumnado á historia, á literatura e á música galega medieval desde unha perspectiva participativa […]
Cartafol de ilustracións do Reino de Galiza

A iniciativa busca dar difusión á historia do Reino medieval de Galiza mediante a creación de material divulgativo accesible e atractivo para o público xeral. O proxecto estruturouse en seis fases diferenciadas, garantindo un proceso rigoroso de investigación, creación e difusión: Fase 1 – Investigación histórica Realizouse unha selección de 10 momentos históricos clave, personaxes […]
Conexión co Reino

Miniserie dixital que buscou achegar a historia do Reino de Galicia ao público actual mediante un formato moderno, atractivo e dixestivo. Estruturada en cinco capítulos breves, de entre 3 e 5 minutos de duración, esta proposta mesturou a divulgación histórica con dinamismo audiovisual e unha linguaxe informal, pensada para as plataformas dixitais e para un […]
Crónicas dunha desmemoria

Proxecto de divulgación audiovisual e dixital que explora a historia esquecida do Reino Medieval de Galicia. A bookstagrammer Irene Pérez (@surfeandolibros) protagoniza unha serie de 12 pílulas audiovisuais onde afonda nos episodios e figuras clave desta etapa histórica, empregando un estilo fresco e dinámico para conectar cun público amplo, especialmente co máis novo. A iniciativa […]
Cronoaventuras: o Reino de Galicia

Proxecto que combina unha parte lúdica coa de divulgación histórica a través dun xogo de cartas cooperativo ambientado no Reino de Galicia. A proposta partiu da idea de acompañar un viaxeiro no tempo perdido na historia medieval galega, axudándoo a reconstruír a liña temporal correcta mentres se evitan eventos ficticios que poderían causar interferencias no […]
Discordia & Reconciliatione: unha escolma da Historia Compostellana

Tivo como obxectivo principal traducir ao galego os episodios máis significativos da Historia Compostellana, unha crónica medieval escrita en latín a comezos do século XII en Santiago de Compostela. Esta obra, coñecida tamén como Registrum Didaci Gelmirici, constitúe un dos documentos históricos máis ricos da Europa do seu tempo e unha fonte esencial para entender […]
Eu son de vos muito maravillado. Drama e música no solpor do Reino medieval de Galicia (Séc. XIV-XV)

Combinou creación literaria, lectura escénica dramatizada e música antiga interpretada con instrumentos orixinais para divulgar a historia do Antigo Reino de Galicia nos séculos XIV e XV. A proposta centrouse na montaxe dun espectáculo que mesturou música e narración, coa colaboración do Grupo de Música Antiga 1500, o actor Xosé Manuel Fernández Castro e a […]
Falemos do Reino de Galicia

Serie de micropezas audiovisuais que abordou cuestións clave da historia medieval de Galicia a través de seis preguntas fundamentais. A iniciativa tivo como obxectivo divulgar, de maneira rigorosa e accesible, episodios e figuras históricas pouco coñecidas ou rodeadas de mitos. O proxecto estruturouse en seis vídeos de entre cinco e seis minutos de duración, nos […]
Fortalezas do Reino de Galicia

Proxecto web para divulgar o patrimonio fortificado da provincia da Coruña. A iniciativa buscou cubrir un baleiro informativo existente, xa que ata o momento non había ningunha plataforma galega que reunise, desde unha perspectiva divulgativa e turística, información sobre castelos e fortalezas medievais e modernas do territorio. A web aborda o período comprendido entre o […]
Game of Fortes: Episodio 1. Ameaza clerical

Game of Fortes foi unha experiencia inmersiva coproducida por NegroLópez e Limiar Teatro, que combinou teatro, tecnoloxía e historia nun formato innovador dirixido ao público máis novo. O seu primeiro episodio, Ameaza Clerical, desenvolveuse no Castelo de Vimianzo e centrouse nas tensións entre o clero e a nobreza galega na Idade Media, especialmente no conflito […]
Historia do Reino de Galiza en 10 minutos

O proxecto audiovisual “Historia do Reino de Galiza en 10 minutos” consistiu na creación dun vídeo didáctico e divulgativo pensado para achegar, dun xeito breve pero rigoroso, os principais fitos históricos do Reino de Galicia a un público amplo e non especializado. O vídeo, dunha duración total de dez minutos, foi producido integramente en galego […]
Historia visual do Reino Medieval de Galicia

A Guía Visual do Reino Medieval de Galiza é unha proposta editorial que ten como obxectivo achegar de maneira accesible, atractiva e rigorosa a historia do Reino de Galiza ao público xeral, especialmente á mocidade e ao ámbito escolar. Trátase dun libro ilustrado que combina textos sinxelos con mapas, fotografías e ilustracións para construír un […]
María Balteira. Reflexos do xénero

Peza audiovisual de contido didáctico que explora a representación das mulleres na lírica galego-portuguesa medieval, con especial atención ás cantigas de escarnio e maldicir. A través dunha mirada crítica e feminista, o proxecto propón unha revisión pedagóxica da tradición trobadoresca, centrando a súa narrativa na figura histórica da soldadeira María Balteira. A curtametraxe estrutúrase arredor […]
O avó Patacas cóntanos a Historia de Galicia (A Gran Revolta Irmandiña)

Proxecto de animación 3D que achega a historia de Galicia ao público infantil dunha maneira amena e divertida. Inspirado no espírito divulgativo de Érase una vez… el hombre, pero cun enfoque máis dinámico e inmersivo, segue as aventuras de Uxía e Brais, dous irmáns que, xunto ao seu avó, viaxan no tempo grazas a un […]
O Dicionario da Galicia Histórica: un Reino da A á Z

Proxecto audiovisual transmedia impulsado por GCiencia co obxectivo de divulgar a historia do Reino de Galicia entre o público máis novo, especialmente a Xeración Z. A través de vídeos breves en YouTube e TikTok, o proxecto abordou quince temas clave da historia galega medieval e moderna desde unha perspectiva galeguista e rigorosa, pero cun ton […]
O Legado do Reino de Galicia

Proxecto dixital en formato de escape room en liña dirixido ao alumnado de Educación Secundaria da provincia da Coruña. A proposta centrouse na figura histórica da Torre de Caldaloba, abordando este episodio concreto como porta de entrada a un contexto máis amplo sobre o Reino Medieval de Galicia. O escape room está aloxado nunha páxina […]
O Panteón Real de Compostela: A alianza do Regnum e o Sacerdotium para a configuración dun templo nacional

O proxecto busca poñer en valor a importancia do Panteón Real da Catedral de Santiago, un espazo infravalorado ata o momento, pero clave para comprender a alianza estratéxica entre a Igrexa compostelá e a monarquía da dinastía Borgoña durante os séculos XII e XIII. Esta unión de poderes contribuíu á configuración da catedral como templo […]
O Papagaio. Viaxe á Galicia medieval

Número especial do xornal infantil e xuvenil O Papagaio, que achegou á rapazada á historia do Reino de Galicia na Idade Media dun xeito divertido e didáctico. A publicación abordou aspectos fundamentais da época, como a vida cotiá, os reis e raíñas, os nobres, os campesiños, os artesáns e os trobadores. Tamén deu a coñecer […]
O Rei Afonso VIII de Galicia pola Costa da Morte

Recreación, a través das artes escénicas, do percorrido realizado polo monarca en 1223 pola Costa da Morte, centrado nas etapas entre Cereixo, Serantes e Lendo. A iniciativa combinou teatro histórico, metateatro, música e narración oral, ofrecendo unha inmersión na vida e nos conflitos políticos e sociais do Reino de Galicia durante a Baixa Idade Media. […]
O Reiciño de Galiza

Proxecto que rescata e adapta á banda deseñada un relato de Víctor Hugo sobre García II, o derradeiro rei de Galicia. Publicado dentro da súa obra magna La légende des siècles, Le petit roi de Galice insírese na tradición medievalista dos autores románticos, presentando unha historia épica e poética que exalta a loita clásica entre […]
O Reino de Galicia: coñecer o pasado para construírmos o futuro

O obxectivo do proxecto é divulgar a historia do Reino de Galicia, aproveitando as potencialidades das redes sociais e de internet para achegar coñecemento á sociedade. Ao longo do proxecto, apostouse por difundir contidos de alta calidade, que mesturaban rigor histórico e a capacidade comunicativa das plataformas dixitais, conseguindo así chegar a un público diverso. […]
O Reino de Galiza na moda: deseños para conectar o pasado co presente

A marca galega Acontravento desenvolveu unha colección de moda inspirada no Reino de Galiza como ferramenta innovadora de divulgación histórica. Ante a ausencia de referencias ao Reino Galego no ámbito da moda e co obxectivo de achegar esta parte esquecida da historia a novos públicos, crearon a colección Reino de Galiza, composta por catro deseños […]
O Reino de Galicia nas historias de Galicia desde o século XVII

O proxecto nace coa intención de cubrir un baleiro na divulgación histórica, ofrecendo un espazo onde consultar de xeito accesible e interactivo os traballos dos investigadores sobre este tema desde o século XVII ata a actualidade. Co apoio das TIC, facilitouose o acceso ás fontes e proporcionouse unha visión contextualizada das distintas interpretacións ao longo […]
O Reino no Mapa

Proxecto de divulgación histórica que busca representar a historia medieval de Galicia a través da cartografía. O seu obxectivo é ofrecer mapas contextualizados con contido explicativo en diversos formatos para facilitar o seu uso en docencia e divulgación. O proxecto comezou cunha fase de investigación e consulta cun comité de especialistas para seleccionar os oito […]
Os Reis e as Raíñas da Galiza. 1000 anos dun Reino de seu

O proxecto tivo como obxectivo divulgar e poñer en valor a historia dos monarcas do Reino da Galiza, que existiu entre o 409 e finais do século XV. Durante este longo período, a Galiza estivo gobernada por máis de 40 monarcas, cuxa figura e acción de goberno, a pesar de ser fundamentais na configuración da […]
Os segredos do Betanzos medieval: Unha ruta histórica para descubrir unha das sete Capitais do Reino de Galicia

Unha ruta histórica para descubrir unha das sete capitais do Reino de Galicia naceu co obxectivo de achegar á cidadanía, dun xeito accesible, entretido e rigoroso, a historia pouco coñecida de Betanzos durante a Idade Media. Apostando por un enfoque divulgativo e innovador, combinou o formato audiovisual con materiais de apoio físicos e dixitais para […]
Os Vestixios do Reino de Galicia na Catedral de Santiago de Compostela

Os Vestixios é unha curtametraxe que combina ficción e documental para divulgar os restos medievais na Catedral compostelá. Protagonizada pola actriz Melania Cruz e a catedrática de arte Rocío Sánchez Ameijeiras, a peza destaca o papel das mulleres no patrimonio da Catedral, tanto na súa representación artística como no seu legado histórico. Baixo a dirección […]
Pio Latrocinio. Crónica do maior roubo do cristianismo, acontecido no Reino de Galicia

Documental animado dirixido a narrar un dos episodios máis sorprendentes e pouco coñecidos da historia do cristianismo, acontecido no corazón do Reino de Galicia. A historia xira arredor do roubo das reliquias de santos como San Fructuoso, San Cucufate, San Silvestre e Santa Susana por parte do entón bispo Diego Xelmírez durante a súa viaxe […]
Porto de Bois

Iniciativa que recreou a vida medieval galega no contexto previo á batalla de Porto de Bois de 1371. O evento, organizado con rigor histórico, buscou divulgar o papel da nobreza galega no final da Idade Media, fomentar unha cultura de recreación fiel á época e sentar as bases para futuras edicións con maior alcance. Ademais, […]
Proxecto multimedia de divulgación da historia do Antigo Reino de Galicia

GCiencia desenvolveu en 2022 un proxecto multimedia de divulgación sobre a historia do Antigo Reino de Galicia. O obxectivo principal foi ofrecer unha visión galega da historia medieval, afastada dos estereotipos centralistas, e achegar este relato a un público xeneralista. O proxecto estruturouse arredor dun microsite dentro de GCiencia que funcionou como un gran repositorio […]
Soldadeiras

Soldadeiras é un proxecto integrador que fusiona tradición e modernidade, reivindicando a figura da muller tanto na súa concepción como na súa execución artística. A través da música, da estética visual e da innovación tecnolóxica, este proxecto achega a lírica medieval galaico-portuguesa ao presente cunha proposta única e vanguardista. A cerna do proxecto reside na […]
Suevos e Galaicos. As orixes do Reino de Galicia

Proxecto de divulgación histórica centrado na orixe do Reino Suevo de Galicia, formulado arredor dun xogo de mesa de cartas con vocación lúdica, didáctica e familiar. Cunha mecánica sinxela, accesible para todos os públicos, o xogo busca espertar o interese pola historia medieval de Galicia mediante a interacción con cartas que representan personaxes históricos, grupos […]
Terra de Raíñas

Espectáculo teatral cómico-participativo de divulgación histórica en galego, dirixido a todos os públicos. Cun guión orixinal e rigorosamente documentado, recrea os feitos do século XIII nos que Aldonça e Sancha, lexítimas herdeiras do Reino de Galicia e León tras a morte de Afonso VIII, foron apartadas do trono por intereses políticos e de xénero. A […]
Unha tiktoker no Reino de Galiza

Tivo obxectivo achegar a historia medieval de Galicia á mocidade mediante vídeos curtos na rede social TikTok. Apostando por un ton divulgativo, dinámico e con toques de humor, esta iniciativa propón recuperar episodios clave da historia do Reino de Galicia e presentar personaxes, lugares e conceptos históricos dun xeito entretido, rigoroso e adaptado á linguaxe […]
Urraca, unha galega pioneira do feminismo

O proxecto reivindica a figura de Urraca, raíña feudal e primeira monarca titular da historia de España e Europa, a través dun documental transmedia que explora a súa vida e legado. Coa condena ao esquecemento á que foi sometida tras a súa morte, este proxecto busca rescatar a súa verdadeira historia como pioneira do feminismo […]