Biografías esenciais do Reino da Galiza

O proxecto desenvolveuse en dúas liñas fundamentais: a edición e distribución de tres libros divulgativos sobre figuras clave da historia medieval galega, e a creación de tres podcast baseados nos mesmos contidos, buscando así alcanzar un público diverso a través de diferentes formatos.

A primeira liña consistiu na publicación de tres volumes que foron distribuídos de maneira gratuíta co Nós Diario durante tres sábados consecutivos de decembro de 2023, cunha tirada de 3.000 exemplares cada un.

Estes libros, de 80 páxinas cada un e cun deseño común de colección a cargo do prestixioso grafista Pepe Barro, procuran achegar, con rigor e atractivo formal, a vida de personaxes centrais para o Reino de Galiza que non contan co recoñecemento público que merecen.

A segunda liña foi a produción e difusión de tres podcast, un por cada libro, elaborados a partir dos propios guións dosautores e cunha realización profesional, que foron publicados nas principais plataformas dixitais (iVoox e Spotify), así como na web nosdiario.gal. Estes audios buscan facilitar o acceso a públicos máis novos ou menos afeitos á lectura, servindo tamén como porta de entrada ao contido máis completo dos libros.

A difusión do proxecto incluíu un intenso plan de comunicación con 8 páxinas de publicidade no Nós Diario (novembro e decembro de 2023), entrevistas aos autores e presenza activa en redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter), ademais da visibilidade na versión dixital do xornal.

O balance do proxecto foi altamente positivo, cumpríndose o 100% dos obxectivos previstos. Destaca a introdución da perspectiva de xénero, especialmente no volume dedicado ás monxas touquinegras, e o interese crecente do público, reflectido na escolla da colección como finalista nos Premios Follas Novas do Libro Galego 2024 na categoría de Iniciativa Bibliográfica.

PRESENTADO POR
Sermos Galiza S.A.

COLABORAN
Alexandre Peres Vigo
Carme Varela
Carolina Casal Chico
Francisco Rodríguez Sánchez
Alexandres Peres Vigo

Biografías esenciais do Reino da Galiza Biografías esenciais do Reino da Galiza Biografías esenciais do Reino da Galiza

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e con fins analíticos. Contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade externas que pode aceptar ou non cando accede a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos seus datos para estes fins.    Personalizar cookies
Privacidad