Cartafol de ilustracións do Reino de Galiza

A iniciativa busca dar difusión á historia do Reino medieval de Galiza mediante a creación de material divulgativo accesible e atractivo para o público xeral.

O proxecto estruturouse en seis fases diferenciadas, garantindo un proceso rigoroso de investigación, creación e difusión:

Fase 1 – Investigación histórica

Realizouse unha selección de 10 momentos históricos clave, personaxes e lugares relevantes do Reino de Galiza, con especial énfase en recuperar historias esquecidas ou pouco coñecidas.

Fase 2 – Creación dos textos

A partir da documentación recompilada, redactáronse 10 textos breves cun ton claro e divulgativo. Tamén se elaborou un texto introdutorio común para todas as láminas, contextualizando o proxecto.

Fase 3 – Creación artística

A interpretación gráfica destes episodios históricos quedou nas mans de cinco ilustradoras galegas con liberdade creativa para desenvolver as súas propostas:

    • Iria Fafián: Dona Urraca e María Castaña.
    • Laura Romero: Lupa Pérez de Traba e Inés de Castro.
    • María Montes: Maior Guntroda Rodríguez e Aldonça I & Sancha II.
    • Minia Regos: Ilduara Eriz e Sancha I.
    • Nuria Díaz: Tareixa de León e María Peres, A Balteira.

Cada unha achegou a súa propia visión e estilo, enriquecendo visualmente o proxecto.

Fase 4 – Maquetación e impresión

Unha vez creadas as ilustracións e os textos, realizouse a maquetación final para o seu formato definitivo: láminas A4 a cor en papel estucado semimate de 250 g, con ilustración no anverso e texto explicativo no reverso.

Fase 5 – Divulgación e promoción

A difusión do proxecto baseouse en tres canles principais:

    • Prensa impresa e dixital – Nós Diario → Cesión de espazos no xornal para divulgar a iniciativa, dar visibilidade ás ilustradoras e promocionar a historia medieval galega.
    • Redes sociais – MAOS Innovación Social → Publicacións en Instagram, Facebook e Twitter para promocionar o proxecto, as ilustradoras e o proceso creativo.
    • O propio Cartafol de Ilustracións → Como ferramenta de divulgación histórica accesible e atractiva.

Ademais, creáronse contidos específicos, como entrevistas ás ilustradoras e artigos sobre o medievo galego, reforzando o impacto do proxecto.

Fase 6 – Distribución

A distribución realizouse grazas á colaboración con Nós Diario, que incluíu no seu xornal unha cartilla coleccionable (o 17 de setembro de 2021). Para obter o cartafol, os lectores tiñan que recortar 5 cupóns publicados entre o 20 e o 24 de setembro e entregalos no quiosco a cambio dun pagamento simbólico de 2€ en custos de xestión e distribución.

O proxecto dirixiuse ao público xeral, cun formato pensado para escapar dos enfoques académicos e resultar accesible a todos os públicos. Ademais, é unha ferramenta útil para asociacións, fundacións e entidades culturais, que poden empregalo en exposicións ou conferencias sobre a historia medieval galega.

PRESENTADO POR
Maos Innovación Social, S. Coop. Galega
Representante: Óscar Senra Gómez

COLABORAN
Nós Diario
Iria Fafián
Laura Romero
María Montes
Minia Regos
Nuria Díaz

O proxecto nos medios:

 

Cartafol de ilustracións do Reino de Galiza

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e con fins analíticos. Contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade externas que pode aceptar ou non cando accede a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos seus datos para estes fins.    Personalizar cookies
Privacidad