Crónicas dunha desmemoria

Proxecto de divulgación audiovisual e dixital que explora a historia esquecida do Reino Medieval de Galicia.

A bookstagrammer Irene Pérez (@surfeandolibros) protagoniza unha serie de 12 pílulas audiovisuais onde afonda nos episodios e figuras clave desta etapa histórica, empregando un estilo fresco e dinámico para conectar cun público amplo, especialmente co máis novo.

A iniciativa parte da descuberta do libro O Reino Medieval de Galicia. Crónica dunha desmemoria (Xerais, 2020), que esperta en Irene un cuestionamento sobre a ausencia deste pasado nos contidos escolares.

A través dos vídeos, a creadora recompón unha historia de Galicia oculta e fascinante, desde o esplendor do reino suevo ata a revolución irmandiña, pasando pola lírica trobadoresca, as referencias a Galicia na literatura europea medieval ou as intrigas nobiliarias de figuras como Pedro Madruga e Pardode Cela.

Un dos eixos fundamentais do proxecto é a recuperación do papel das mulleres, moitas veces dobremente esquecidas. Irene dá a coñecer figuras como a escritora Exeria, a soldadeira María Balteira, as raíñas Sancha, Dona Urraca, Godo e Berenguela, a princesa Ximena ou a lendaria Raíña Lupa.

Os vídeos, de entre 2 e 3 minutos de duración, están editados cunha estética atractiva e elementos visuais que reforzan a mensaxe, asegurando unha difusión accesible e atractiva a través das redes sociais. Ademais, o proxecto contará cun repositorio web onde se poderán consultar os contidos unha vez finalizada a súa difusión.

O obxectivo de Crónicas dunha desmemoria é contribuír á recuperación e normalización deste período histórico no imaxinario colectivo galego, promovendo un espírito crítico sobre os relatos hexemónicos da historia de España e fortalecendo o sentimento de pertenza a unha nación con identidade propia.

PRESENTADO POR
O Cable Inglés, S. Coop. Galega

COLABORA
Edicións Xerais de Galicia S.A.

O proxecto nos medios:

Crónicas dunha desmemoria Crónicas dunha desmemoria

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e con fins analíticos. Contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade externas que pode aceptar ou non cando accede a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos seus datos para estes fins.    Personalizar cookies
Privacidad