[General Moderator of the Congress]

Charo Lopes

Licenciada en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (2010), titulada superior en Fotografía Artística pola ESAD Antonio Faílde (2012) e Máster en Literatura, Cultura e Diversidade pola Universidade da Coruña (2018).

Na actualidade é membro do consello de redacción e responsábel da coordinación de imaxe no periódico Novas da Galiza, dirixe o Portal Galego da Língua e é co-editora da revista caleidoscopica.gal. Como fotógrafa está especializada en retrato; no proxecto umaqualquer.com traballa a representación en chave feminista, suxerindo ás modelos un xogo performativo e apropiándose da imaxe como unha ferramenta de autocoñecemento.

Como poeta gañou o 1º premio Xuventude Crea 2014 por Random do daily, o Fiz Vergara Vilariño, co que publicou How does the end of the world happen (Espiral Maior, 2016), e o XXXV premio de poesía Cidade de Ourense, con Album (Aira Editorial, 2020). Participou na antologia poética online Friendly Mafia, de Leite Edicións (2021), e o seu livro How does the end of the world happen foi traduzido para o basco por Txerra Rodríguez e editado en booktegi.eus. Poemas seus fan parte da antoloxía de poesía galega contemporánea traducida ao finés por Rita Dahl Wild life an anthology of young Galician poetry.
Participated in the catalog expanded territory do festival de fotografia Outono Fotográfico ​(Difusora, 2016), no Festival da Poesia no Condado (2017 e 2022) e na obra coletiva Tecermos redes, crearmos comunidade. Estudos sobre a obra de María Reimondez (Xerais, 2020). Publicou “O que significa ser indígena?” no nº4 da Revista Ardora (2019), e “Sereias galegas” no nº7 da Revirada Revista Feminista (2020).
Como fotógrafa, a sua serie from the badlands ​foi seleccionada no Xuventude Crea 2015 de Artes Plásticas e Fotografía, sendo exposta na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela (2015). Participou nas exposicións colectivas Pase(e)n e vexan, no Outono Fotográfico en Ourense (2011), Muller, arte e creatividade no Museo Municipal de Ourense (2012) e O espello é noso? na Galeria Cubo de Vigo (2019).