[University of Santiago de Compostela]

In permanent reform: monasticism in medieval Galicia

O monacato é peza de singular importancia no estudo da Idade Media en Galicia. O feito de que boa parte do que coñecemos da Galicia medieval dependa da documentación monástica e xa, de por si, mais que revelador.

Ao longo do milenio medieval o monacato vai pasando por diversas fases e diferentes modelos. Nesta contribución imos facer unha proposta de periodización da historia monástica da Galicia medieval caracterizada polos contínuos cambios e permanente reforma.

Xosé Miguel Andrade Cernadas

Profesor Titular de Historia Medieval dende o ano 1995 (Usc).

Acreditado a Catedrático dende 2015.

Boa parte das súas investigacións e achegas están relacionadas co mundo do monacato medieval galego e o seu impacto na sociedade.

Có-autor, con Anselmo López Carreira, do libro O reino medieval de Galicia: crónica dunha desmemoria, premio Losada Dieguez de ensaio no 2020.