Falemos do Reino de Galicia

Serie de micropezas audiovisuais que abordou cuestións clave da historia medieval de Galicia a través de seis preguntas fundamentais.

A iniciativa tivo como obxectivo divulgar, de maneira rigorosa e accesible, episodios e figuras históricas pouco coñecidas ou rodeadas de mitos.

O proxecto estruturouse en seis vídeos de entre cinco e seis minutos de duración, nos que diversos especialistas en Historia Medieval reflexionaron sobre momentos decisivos do Reino de Galicia.

As preguntas formuladas serviron como punto de partida para analizar a realidade social, política e cultural da época, desmontando ideas erradas e poñendo en valor a investigación histórica.

Os contidos trataron temas como a existencia do Reino de Galicia, a pegada do pobo suevo na nosa cultura, os líderes da Revolta Irmandiña e as razóns políticas que puideron estar detrás da inventio do Apóstolo Santiago.

Ademais, afondouse na importancia de Xelmírez e na construción da Catedral de Santiago como símbolo de poder relixioso e político.

A serie dirixiuse a un público amplo, especialmente a adolescentes e adultos con interese na historia. Cun ton divulgativo e pedagóxico, “Falemos do Reino de Galicia” buscou diferenciar entre feitos e mitos, fontes e lendas, achegando un coñecemento máis profundo e contrastado sobre un período fundamental para entender a evolución histórica de Galicia.

PRESENTADO POR
Suseia Sdad. Coop. Galega

COLABORAN
Carlos Barros Guimeráns
Carlos Lixó Gómez
Mariña Bermúdez Beloso
Xosé Miguel Andrade
Anselmo López Carreira
Manuel Gago
Miguel Garcia-Fernández

O proxecto nos medios:

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e con fins analíticos. Contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade externas que pode aceptar ou non cando accede a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos seus datos para estes fins.    Personalizar cookies
Privacidad