Game of Fortes: Episodio 1. Ameaza clerical

Game of Fortes foi unha experiencia inmersiva coproducida por NegroLópez e Limiar Teatro, que combinou teatro, tecnoloxía e historia nun formato innovador dirixido ao público máis novo.

O seu primeiro episodio, Ameaza Clerical, desenvolveuse no Castelo de Vimianzo e centrouse nas tensións entre o clero e a nobreza galega na Idade Media, especialmente no conflito entre os Moscoso e o arcebispo Alonso de Fonseca.

O proxecto propuxo unha visita teatralizada en formato de xogo interactivo, empregando tecnoloxía 8D ou son binaural, que creou unha experiencia sonora realista e inmersiva. Os visitantes, equipados cun móbil e auriculares, tiñan que seguir un percorrido polo castelo e escanear códigos QR parades bloquear escenas protagonizadas por personaxes históricos e ficticios.

A través de retos e misións, foron accedendo a fragmentos narrativos que abordaban temas como o comercio marítimo, a explotación da sardiña e do sal, ou os naufraxios na Costa da Morte.

Inspirado nas dinámicas dos videoxogos e nas narrativas épicas de series como Game of Thrones, o proxecto quixo recuperar episodios pouco divulgados como a Revolta Irmandiña, ao tempo que incorporaba personaxes femininas esquecidas. A ficción sonora serviu tamén para revalorizar o patrimonio histórico e fomentar o uso da lingua galega, con especial atractivo para o público de entre 16 e 40 anos.

Con este episodio piloto, Game of Fortes abriu a porta a unha serie máis ampla de experiencias interactivas en fortalezas galegas, explorando novas formas de transmitir a historia de Galicia con ferramentas contemporáneas e formatos accesibles.

PRESENTADO POR
Iván Dávila Grande

COLABORAN
Chiqui Pereira
Ana Carreira
Javier Luaces
Lucía Sánchez
Bea Campos
Brais Iriarte

O proxecto nos medios:

 

Game of Fortes Game of Fortes Game of Fortes Game of Fortes Game of Fortes Game of Fortes

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e con fins analíticos. Contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade externas que pode aceptar ou non cando accede a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos seus datos para estes fins.    Personalizar cookies
Privacidad