Historia do Reino de Galiza en 10 minutos

O proxecto audiovisual “Historia do Reino de Galiza en 10 minutos” consistiu na creación dun vídeo didáctico e divulgativo pensado para achegar, dun xeito breve pero rigoroso, os principais fitos históricos do Reino de Galicia a un público amplo e non especializado.

O vídeo, dunha duración total de dez minutos, foi producido integramente en galego e pensado como un recurso accesible, útil tanto para a súa difusión en liña como para o uso en contornas educativas, especialmente en primaria, secundaria e bacharelato.

A través dunha narrativa clara e visualmente atractiva, o proxecto percorreu os principais momentos da historia do Reino de Galicia desde o ano 411, coa chegada dos suevos, até a súa desaparición como entidade político-administrativa coa reforma de 1833.

A peza destacou cuestións clave como o papel da muller, a evolución territorial do Reino, a importancia da lingua galega na Idade Media, o fenómeno xacobeo, o vigor da lírica galego-portuguesa ou a relevancia do patrimonio histórico da provincia da Coruña.

Cada minuto do vídeo tratou un bloque temático específico, ofrecendo unha visión panorámica pero coidada da evolución histórica galega. Este formato permitiu adaptar a historia ao consumo dixital actual, empregando un soporte gratuíto, accesible desde múltiples dispositivos, e cunha clara vocación de fomento do coñecemento, o pensamento crítico e a visibilidade do legado galego esquecida pola historiografía oficial.

PRESENTADO POR
Daniel Seoane Souto

COLABORAN
Alexandre Peres Vigo
Carla Vide López
Sara Iglesias González
Lara Seoane Souto
Vanesa Criado Silvar
Miguel Castro Serantes

Historia do Reino de Galiza en 10 minutos Historia do Reino de Galiza en 10 minutos

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e con fins analíticos. Contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade externas que pode aceptar ou non cando accede a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos seus datos para estes fins.    Personalizar cookies
Privacidad