Historia visual do Reino Medieval de Galicia

A Guía Visual do Reino Medieval de Galiza é unha proposta editorial que ten como obxectivo achegar de maneira accesible, atractiva e rigorosa a historia do Reino de Galiza ao público xeral, especialmente á mocidade e ao ámbito escolar.

Trátase dun libro ilustrado que combina textos sinxelos con mapas, fotografías e ilustracións para construír un percorrido completo polo período medieval galego, desde o Reino Suevo ata o decreto de 1833 que supuxo a súa desaparición administrativa.

A obra está estruturada por bloques temáticos que permiten coñecer a evolución histórica, territorial, política, cultural e social do Reino de Galiza, abordando cuestións como:

  • As orixes do reino e a súa evolución histórica.
  • A configuración do territorio e as divisións que levaron ao nacemento de Portugal.
  • As dinastías e reis galegos.
  • A vida cotiá: economía, comercio, urbanismo, comunidades xudías, revoltas irmandiñas…
  • A importancia da lingua e da literatura galego-portuguesa.
  • O papel da Igrexa e a relevancia do mito xacobeo.
  • As relacións internacionais e a presenza de Galiza no imaxinario medieval europeo.

Inclúe tamén seccións destacadas como:

  • Unha liña do tempo visual cos principais acontecementos e reinados.
  • Dez figuras ou feitos clave da historia medieval galega.
  • Unha proposta de 10 lugares que visitar relacionados con esta etapa.
  • Unha escolma de mapamundis e cartografías medievais onde aparece Galiza.
  • Recomendacións bibliográficas para afondar no tema.

Con esta guía visual, preséntase un recurso divulgativo innovador e de calidade, pensado como ferramenta educativa e tamén como proposta turística-cultural, que permite recuperar e visibilizar unha das etapas máis fascinantes e descoñecidas da nosa historia.

PRESENTADO POR
Trespés Producións Culturais

COLABORAN
Alberte Román Losada
José Antonio Martínez Domínguez
Roberto López-Iglesias Samartim
Elena Muíños Martínez

Páxina web

 

O proxecto nas redes sociais:

Publicación en X

Historia visual do Reino Medieval de Galicia Historia visual do Reino Medieval de Galicia Historia visual do Reino Medieval de Galicia

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e con fins analíticos. Contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade externas que pode aceptar ou non cando accede a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos seus datos para estes fins.    Personalizar cookies
Privacidad