María Balteira. Reflexos do xénero

Peza audiovisual de contido didáctico que explora a representación das mulleres na lírica galego-portuguesa medieval, con especial atención ás cantigas de escarnio e maldicir. A través dunha mirada crítica e feminista, o proxecto propón unha revisión pedagóxica da tradición trobadoresca, centrando a súa narrativa na figura histórica da soldadeira María Balteira.

A curtametraxe estrutúrase arredor de catro liñas narrativas interconectadas:

  • Un grupo de estudantes reflexiona en clase sobre diferentes cantigas medievais, promovendo unha análise crítica dos contidos e do contexto no que foron creadas.
  • A través dunha performance drag, dous personaxes transfórmanse en trobadores que representan unha expresión hipermasculinizada, como crítica aos estereotipos de xénero reflectidos na lírica da época.
  • A historia de María Balteira é relatada mediante unha composición poética e musical contemporánea, que conecta a súa figura co presente.
  • Acompañan á narrativa imaxes da iconografía feminina presente na arte e arquitectura tradicional da Coruña rural, reforzando visualmente a proposta.

A intención última deste proxecto é achegar a literatura medieval galega ao alumnado desde unha perspectiva actual e transformadora, que fomente o pensamento crítico e a igualdade de xénero. A peza combina recursos didácticos e estéticos contemporáneos —como a música electrónica, a arte drag ou a narrativa audiovisual— co obxectivo de facer accesible o legado cultural medieval dun xeito creativo, respectuoso e inclusivo.

PRESENTADO POR
Sétima Sociedade Coop. Galega

COLABORA
Carmen de Santiago

María Balteira. Reflexos do xénero María Balteira. Reflexos do xénero María Balteira. Reflexos do xénero María Balteira. Reflexos do xénero

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e con fins analíticos. Contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade externas que pode aceptar ou non cando accede a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos seus datos para estes fins.    Personalizar cookies
Privacidad