O avó Patacas cóntanos a Historia de Galicia (A Gran Revolta Irmandiña)

Proxecto de animación 3D que achega a historia de Galicia ao público infantil dunha maneira amena e divertida.

Inspirado no espírito divulgativo de Érase una vez… el hombre, pero cun enfoque máis dinámico e inmersivo, segue as aventuras de Uxía e Brais, dous irmáns que, xunto ao seu avó, viaxan no tempo grazas a un libro máxico.

O obxectivo inmediato do proxecto foi a creación dun teaser de 5-6 minutos centrado na Gran Revolta Irmandiña de 1467, no que os protagonistas foron testemuñas do asalto ao castelo de Vimianzo.

A idea foi que a curta teña unha entidade propia e poida proxectarse en colexios, salóns do libro ou eventos culturais, ademais de servir como carta de presentación para institucións, concellos e empresas privadas.

O proxecto apostou pola integración de xénero, dándolle a Uxía un rol aventureiro fronte a un Brais máis prudente, e pola posta en valor da transmisión interxeracional do coñecemento a través da figura do avó.

Ademais, procurouse unha produción coidada: modelaxe e texturización de personaxes e escenarios baseados en referencias históricas, animación fluída, iluminación cinematográfica e un traballo sonoro meticuloso que incluíu dobraxe profesional, efectos e música envolvente.

A curta conta con subtítulos para garantir a accesibilidade e coa colaboración do antropólogo e historiador Rafael Quintía Pereira, asegurando o rigor histórico. Con este proxecto, O AVÓ PATACAS TEN UNHA MÁQUINA DO TEMPO téntase espertar a curiosidade dos máis pequenos pola historia galega, ofrecéndolles unha experiencia entretida, inmersiva e, sobre todo, en galego.

PRESENTADO POR
Jorge Juan Costas Mira

COLABORAN
Rafael Quintía Pereira
Carmela Chaos
Maite Corbillón

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e con fins analíticos. Contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade externas que pode aceptar ou non cando accede a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos seus datos para estes fins.    Personalizar cookies
Privacidad