O Legado do Reino de Galicia

Proxecto dixital en formato de escape room en liña dirixido ao alumnado de Educación Secundaria da provincia da Coruña. A proposta centrouse na figura histórica da Torre de Caldaloba, abordando este episodio concreto como porta de entrada a un contexto máis amplo sobre o Reino Medieval de Galicia.

O escape room está aloxado nunha páxina web accesible desde móbiles e ordenadores, cun deseño pensado para facilitar a súa integración na aula como ferramenta educativa.

O obxectivo principal foi ofrecer unha vía innovadora, lúdica e accesible para achegar á mocidade á historia medieval galega, ao tempo que se contribuía a combater a desmemoria arredor deste período. A través de probas, enigmas e narracións integradas, o alumnado puido explorar feitos históricos relevantes nun entorno dixital atractivo e inmersivo, que combinaba o rigor histórico cunha linguaxe visual e dinámica adaptada ao público xuvenil.

O proxecto destacou polo seu valor engadido ao empregar exclusivamente o galego, converténdose nun exemplo de contido dixital de calidade orientado á mocidade e integramente desenvolvido na lingua propia. Alén da súa función divulgativa, tamén procurou acadar repercusión nas redes sociais, asegurando un acceso universal e promovendo o uso educativo da ferramenta entre mestres e centros de ensino.

Así, O legado do Reino de Galicia consolidouse como unha experiencia educativa singular e moderna, que uniu historia, tecnoloxía e identidade cultural para ofrecer unha nova forma de aprender xogando.

PRESENTADO POR
Artefeito Producions, S.Coop.Galega

COLABORAN
Fran Rei
Antía Vidal Villar
Hype Experience SL

O proxecto nos medios:

O Legado do Reino de Galicia O Legado do Reino de Galicia O Legado do Reino de Galicia O Legado do Reino de Galicia

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e con fins analíticos. Contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade externas que pode aceptar ou non cando accede a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos seus datos para estes fins.    Personalizar cookies
Privacidad