O Reino de Galicia nas historias de Galicia desde o século XVII

O proxecto nace coa intención de cubrir un baleiro na divulgación histórica, ofrecendo un espazo onde consultar de xeito accesible e interactivo os traballos dos investigadores sobre este tema desde o século XVII ata a actualidade.

Co apoio das TIC, facilitouose o acceso ás fontes e proporcionouse unha visión contextualizada das distintas interpretacións ao longo dos séculos, desde Atanasio de Lobera ata historiadores como Ramón Villares ou Justo Beramendi.

A iniciativa recompila e estuda a bibliografía científica existente, presentándoa nun portal web divulgativo. A páxina organizarase en taxonomías e inclúe entrevistas en vídeo con autores, unha Unidade Didáctica para centros educativos e difusión en redes sociais.

O obxectivo é achegar ao público materiais pouco coñecidos mediante unha linguaxe sinxela e moderna. O traballo científico foi realizado por un equipo de especialistas en historia medieval da Universidade de Santiago de Compostela, complementado coa publicación dun libro.

O estudo parte dun corpus de 90 textos e 7 bandas deseñadas, analizando como se construíu e reinterpretou a historia do Reino de Galicia ao longo dos séculos.

O proxecto inclúe a catalogación e contextualización dos textos, o estudo dos seus autores, a investigación dos elementos históricos que conforman a identidade do Reino e o papel das mulleres na súa evolución.

A web será o principal acceso á información e paralelamente, publicouse un libro cos resultados da investigación para garantir a súa difusión tamén en formato físico.

Outro compoñente fundamental foi a Unidade Didáctica para trasladar os coñecementos xerados aos centros educativos. Este material está dispoñible para descarga gratuíta na web.

PRESENTADO POR
Orestes Comunica S.L.

COLABORAN
Israel Sanmartín
Iago Ferrás
Pablo Fernández
Roque Sampedro
Brenda Rodríguez

O Reino de Galicia nas Historias de Galicia desde o século XVII O Reino de Galicia nas Historias de Galicia desde o século XVII O Reino de Galicia nas Historias de Galicia desde o século XVII
O Reino de Galicia nas Historias de Galicia desde o século XVII

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e con fins analíticos. Contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade externas que pode aceptar ou non cando accede a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos seus datos para estes fins.    Personalizar cookies
Privacidad