O Reino de Galiza na moda: deseños para conectar o pasado co presente

A marca galega Acontravento desenvolveu unha colección de moda inspirada no Reino de Galiza como ferramenta innovadora de divulgación histórica.

Ante a ausencia de referencias ao Reino Galego no ámbito da moda e co obxectivo de achegar esta parte esquecida da historia a novos públicos, crearon a colección Reino de Galiza, composta por catro deseños vinculados ao Reino Suevo e ás Revoltas Irmandiñas.

Os deseños combinaban estética contemporánea e referencias históricas, con mensaxes como “Unha terra, un pobo, unha fala” ou “Derrubaremos os seus castelos outra vez”, e foron estampados en camisolas, suadoiros e sacas. A produción apostou por criterios sostibles, utilizando materiais orgánicos e reciclados, aliñándose cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

O proxecto desenvolveuse en dúas fases. Primeiro, producíronse as prendas vinculadas ao Reino Suevo, cunha sesión fotográfica no Forte de San Lourenzo (Tomiño).

Posteriormente, deseñáronse e lanzáronse as prendas relacionadas coas Revoltas Irmandiñas, con outra sesión no Castelo de Santa Cruz da Guarda. Ambas campañas contaron con materiais audiovisuais para redes sociais e difusión en colaboración coa comunidade de Orgullo Galego.

A colección estivo dispoñible na tenda acontravento.gal e incluíu tarxetas informativas sobre os feitos históricos representados en cada deseño, apostando pola moda como canle efectiva para visibilizar a historia de Galicia desde unha perspectiva actual e comprometida.

PRESENTADO POR
Daniel Portela Macua

COLABORAN
David Rodríguez Meneses
Tamara Alonso Otero
Orgullo Galego S.L.
Copisterium S.L.

O Reino de Galiza na moda

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e con fins analíticos. Contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade externas que pode aceptar ou non cando accede a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos seus datos para estes fins.    Personalizar cookies
Privacidad