Os segredos do Betanzos medieval: Unha ruta histórica para descubrir unha das sete Capitais do Reino de Galicia

Unha ruta histórica para descubrir unha das sete capitais do Reino de Galicia naceu co obxectivo de achegar á cidadanía, dun xeito accesible, entretido e rigoroso, a historia pouco coñecida de Betanzos durante a Idade Media.

Apostando por un enfoque divulgativo e innovador, combinou o formato audiovisual con materiais de apoio físicos e dixitais para construír unha ruta histórica con valor educativo e turístico.

A iniciativa produciu oito vídeos breves, de dous minutos de duración, gravados en plató e enriquecidos na postprodución con imaxes, planos, infografías e documentos históricos. Estas pezas, presentadas en lingua galega e con subtítulos dispoñibles en galego e castelán, foron conducidas por historiadores e especialistas dunha nova xeración que empregaron unha linguaxe próxima e actual para conectar especialmente co público máis novo.

Cada vídeo abordou unha temática concreta da historia medieval de Betanzos, dende o traslado da vila de Tiobre a Untia, o papel da casa dos Andrade ou a tradición gótica da cidade, ata feitos como as revoltas irmandiñas, a declaración de cidade por Enrique IV ou a súa condición de capital do Reino de Galicia baixo os Reis Católicos.

A experiencia complementouse cun tríptico físico que incluíu un mapa co percorrido da ruta, referencias históricas e códigos QR que enlazan cos vídeos, facilitando tanto o acceso físico como virtual á información. Todo o contido quedou recollido tamén nunha páxina web propia do proxecto, que actúa como contedor dixital e garante a súa dispoñibilidade a longo prazo.

Esta proposta demostrou que é posible divulgar contido histórico de calidade a través de formatos actuais, estimulando o interese pola memoria patrimonial e convertendo a historia de Betanzos nun relato atractivo e vivo para a poboación local, visitantes e peregrinos do Camiño Inglés.

PRESENTADO POR
Marma S. Coop Galega

COLABORAN
Ángel Arcay Barral, Elena Carro Vieites, Antonio González López, María América Díaz Pampín, José Ángel Paz Quintana, Andrea Riveira López e Sara Fraga Pérez

O proxecto nos medios:

 

Os segredos do Betanzos medieval Os segredos do Betanzos medieval Os segredos do Betanzos medieval Os segredos do Betanzos medieval Os segredos do Betanzos medieval

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e con fins analíticos. Contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade externas que pode aceptar ou non cando accede a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos seus datos para estes fins.    Personalizar cookies
Privacidad