10 Comentarios
Máis recente
Máis antigo Máis votados
Comentarios en liña
Ver todos os comentarios

Parabéns a organización polo Congreso

Moitas grazas!

No Panteón Real da catedral de Santiago Fernando II e Afonso IX só figuran nas súas tumbas como reis de León. Non sería ben q, a raíz deste congreso, se enviase unha carta ao deán para que se engada tamen o nome de Galicia?

Por se non quedou clara a resposta de Anselmo L. Carreira, por non ter asistido onte á relatoría; Ramón Yzquierdo falou sen moita especificación, que están a facer un proxecto para mudar iso coa colaboaración da Deputacións da Coruña.

Saúdos desde Lisboa. Q bien así no ter que esquecer o final deste congreso extraordinario! Por favor que alguén felicite publicamente as chicas de lingua de signos e mais las moderadoras. Traballo magnífico!

Moitas grazas, Simon, por aquí estamos xa con saudades! Pasaremos esa información ás intérpretes, que están a facer un grande traballo. Tamén as moderadoras.

Moi boa tarde!

Moitos parabéns por este I Congreso sobre o Reino Medieval deGalicia, parabéns que xa enviei a través da conta de Instagram. Agardo, ademais, que de se celebrar no futuro máis edicións abordando este tema tan amplo, se tente traer a algunha persoa especialista procedente de Portugal, xa que con isto tamén podemos poñernos ao día de cal é a visión arestora dende ese país e se Galiza comeza a se deixar como “esa rexión ensombrecida” na historia portuguesa.

Despois das intervencións de onte dos profesores Mercedes Brea e Xosé Ramón Pena, e de certas chiscadelas aparecidas en varios relatorios a nivel do nacemento do idioma galego antigo (ou galego falado ao Norte do Douro), chego a esta conclusión:

  • Se o Reino galego foi o primeiro en nacer a nivel europeo,
  • Se a aparición paulatina de documentación escrita en romance galego,
  • Se o noso Reino e as súas xentes a nivel ibérico e europeo tivo unha grande importancia en diferentes eidos,
  • Vendo o explendor da nosa lírica medieval (aínda que aparecida e difundida ao redor do séc. XII-XII
  • e sabendo que do Reino galego naceron despois os de León e Castela

debemos pensar e seguir sostendo, pois, que a primeira lingua romance da península ibérica é o castelán? ou temos cada vez máis razóns para pensar que o é o galego?

Moito obrigado!
Cumprimentos,
Martinho Picallo

Prantexaremos esta cuestión no coloquio. Grazas por seguirnos e pola participación.

Bo día, o meu nome é Marta, non me foi posible asistir a todas as conferencias de maneira presencial, pero sígovos entusiasmada pola retransmisión en directo. Estou moi agradecida por estas xornadas e espero que poidan ter continuidade. Algo que me chama especialmente a atención, e que hoxe ainda parece que se fixo máis patente (o longo das xornadas estivo sempre no aire), é o enorme poder simbólico da palabra reino. É indubidable que se trata dese poder simbólico (moito máis forte que o poder político ou social co que ás veces se trata de xustificar) o que nos convoca aquí a quenes vemos na época medieval unha época de explendor e luz en lugar da visión oscurantista extendida de maneira maioritaria a partires da época moderna e de forma xeneralizada. Paréceme importante sinalar que para achegarnos a unha época que non é a nosa temos que ter en conta que a cosmovisión contemporánea ten moi pouco que ver coa medieval. É por iso que boto en falta no entorno académico os estudos que poidan profundizar na comprensión simbólica do mundo nestes séculos, radicalmente oposta á epoca moderna. É a partires desta comprensión simbólica que non se poden separar os estudos das diferentes materias, históricas, socioeconómicas, filolóxicas, literarias, musicais, heráldicas, etc… Todas elas están unidas por unha particular cosmovisión pola cal as ciencias non estaban separadas tal e como hoxe as entendemos. Non é casual que a palabra Reino implique unha significación, estimación, valía e coraxe dunha profundidade verdadeiramente reveladora e que vai moito máis alá do que hoxe entendemos por monarquía, este tipo de comprensión na época medieval era xeneralizada. É ademáis esta significación profunda a que fai posible que ainda hoxe poidamos atopar nas propias linaxes e familias o entusiasmo e a alegría coa a que as palabras Reino de Galicia nos apelan directametne.

Moitas grazas!

Moitas grazas por seguirnos, e moitas grazas por achegarnos esta reflexión. Aproveitamos para informarche que os directos quedarán publicados na nosa canle de Youtube. Ademais, daquí a uns dias, cargaremos tamén os vídeos xa editados de cada unha das relatorías para facilitar o acceso a cada un dos contidos. Tamén se editará unha publicación coas actas do congreso, xa informaremos nas nosas redes.