Suevos e Galaicos. As orixes do Reino de Galicia

Proxecto de divulgación histórica centrado na orixe do Reino Suevo de Galicia, formulado arredor dun xogo de mesa de cartas con vocación lúdica, didáctica e familiar. Cunha mecánica sinxela, accesible para todos os públicos, o xogo busca espertar o interese pola historia medieval de Galicia mediante a interacción con cartas que representan personaxes históricos, grupos sociais, obxectos, lugares, crenzas e elementos culturais relevantes da época.

O proxecto fundaméntase nun enfoque rigoroso e divulgativo que se reflicte tanto no deseño das dinámicas como na estética visual e na narrativa das cartas. A experiencia de xogo sitúase no contexto da descomposición do Imperio Romano e as invasións xermánicas, onde as persoas xogadoras deberán consolidar o Reino Suevo de Galicia mediante estratexias políticas, relixiosas, económicas e militares.

Para ampliar o alcance do xogo, o proxecto complétase con dous produtos asociados:

  • Unha web complementaria, na que se ofrece contexto histórico, fichas explicativas de cada carta, recursos visuais e elementos interactivos como infografías, animacións ou visores 3D. A web inclúe códigos QR nas propias cartas para vincular contidos específicos e reforzar a aprendizaxe transversal.
  • Unidade didáctica, pensada para centros educativos, bibliotecas e entidades culturais, co obxectivo de facilitar o uso pedagóxico do xogo como ferramenta de apoio ao currículo. Os materiais promoven o coñecemento histórico dende unha perspectiva de xénero, inclusiva e accesible.

O proxecto diríxese principalmente a un público galego de entre 15 e 44 anos, con especial foco en persoas interesadas na historia e nos xogos de mesa. A distribución prevese en librarías, tendas especializadas, museos, oficinas de turismo e online. O deseño e produción das cartas fíxose con criterios de sustentabilidade e impacto local, empregando materiais ecolóxicos e procesos galegos.

PRESENTADO POR
NOSO Plans e Proxectos S.C.G.

COLABORAN
EspazoCoop
A Sombra Producións
Arumelabs S.C.G.
Rexenerando S.C.G.
SÍNCRISIS grupo de investigación da USC
Concello Caldas de Reis

Suevos e Galaicos. As orixes do Reino de Galicia Suevos e Galaicos. As orixes do Reino de Galicia Suevos e Galaicos. As orixes do Reino de Galicia Suevos e Galaicos. As orixes do Reino de Galicia

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e con fins analíticos. Contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade externas que pode aceptar ou non cando accede a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos seus datos para estes fins.    Personalizar cookies
Privacidad