O reino da Gallaecia no contexto europeo
O mapa desaparecido
Nas colecions de mapas da Idade Media, adoitamos encontrarmos un mapa do ano 800 (os comeenzos do Reino de Asturias) seguido de outro do ano 1.000 (os inicios da expansión castellana) seguidos de outro do sXIII (a unificación de Castela e León e a conquista de Andalucía) e rematando con outro do sXV (unificación de Castela e Aragón e conquista de Granada). Todos estes mapas contan unha historia e os mapas que faltan son descartados porque non encaixan nela.
O mapa do ano 900, que é o principal damnificado, amosa un reino da Gallaecia con capital en Leon que se parece demasiado ao reino da Gallaecia de época sueva para o gusto da historiografía española. Este mapa conta unha historia que non encaixa co proxecto de Castela e que podia ter encaixado ainda menos.
Este territorio comenzou sendo unha terra de ninguén, fora do dominino de Córdoba e acabou configurandose no reino da
Gallaecia, de Afonso III en diante, por unha serie de procesos dos que as crónicas só nos contan unha parte e en ocasións nos escamotean información. O caso mais evidente é como se pasou dun reino centrado en Asturias, no reinado de Pelaio, a outro que incluía a totalidade da Galiza actual, no reinado de Afonso II.
A conexión británica
O primeiro período desde Pelaio a Afonso II, foi o da conquista da supremacía na Gallaecia por parte da dinastia asturiana. As relacións externas serian principalmente coas Illas, principalmente co que quedaba da Britania romana. Faltan documentos que nos podiam informar, mas a arqueologia da Britania sinala como cousa normal que segue a haver importações da área mediterrânea case até o final.
Arredor do ano 840, o reino de Dumnonia destruído coa participación dos vikingos. Os británicos van quedar arrinconados em Cornualles. Seis anos despois, no 844 chegaria o primeiro dos ataques vikingos ás costas da Galiza. Os reinos anglo-saxóns non van ser aliados de importancia e non vai ser até a conquista de Inglaterra polos normandos que aparece un poder nas Illas co que contar, xa fora do período deste traballo.
Un elemento que non entendemos ben, é o papel das mulleres nos cambios dinásticos; moi importante no período entre Fruela e Afonso II, outro a reocupación dos castros e os castelos valeiros.
O patrocinio carolinxio
O segundo período vai de Afonso II a Afonso III e seus sucesores que trasladaran a capital a León. No interior, foi a época de dominio da Gallaecia ampliada, ou o territorio da época dos reis Suevos. No exterior as relacións principais son co Imperio Carolinxio.
O cambio a unha relación principal co Imperio Carolinxio e os seus estados sucesores ven suliñado polo achado do sepulcro de Santiago, convencionalmente datado no 813, isto é o derradeiro ano da vida de Carlomagno, e dous anos despois de establecerse o bispado de Oviedo. Tanto ten que o achado non acontecese nese ano, o importante é que Carlomagno apareza como o patrocinador da peregrinación a Compostela até o ponto de tela feito el mesmo. Efectivamente, esta lenda a dia de hoxe non a cré ninguén; pero si era creida na época. Unha das primeiras campañas de propaganda para o Camiño de Santiago.
Os carolinxios van perder poder até desaparecer como dinastia, e
ser sustituidos polos Capetos na Francia do século X. Este reino vai ter até o século XIII muita menos capacidade militar da que tiñan os carolinxios. O que vai supor que o reino da Galiza teña que enfrentar ao Califato en solitario, sen axudas de Europa.
A interrupción califal
O terceiro período encontra o reino enfrontado co Califato de Córdoba e sen aliados importantes no exterior.
O reino en expansión do período anterior pasa a ser un reino asediado a partir da aparición do Califato de Córdoba; que relega a monarquia galega a un papel subordinado a base de ataques constantes. Do lado oposto vai chegar a segunda vaga dos ataques vikingos. O impacto acumulado de uns e outros vai facer crebar o reino, primeiro coa separación de Castela e despois coa aceifa de Al-Mansur. O reino volta á fronteira do Douro. O reino non tivo oportunidade de se recuperar disto e a dinastia non vai sobreviver mais que uns poucos anos ao Califato.
Alberte Lago Villaverde
Redondelan transplantado a Pontevedra. Nacido no 1964.
Diplomado em Magistério na Escola de Pontevedra.
Licenciado em Geografia e História pola Universidade de Santiago, na especialidade de História Medieval.
Professor de Ensino Secundário no IES Xunqueira I de Pontevedra.
Membro da associação cultural Maio Longo e da Asociación Galega de Historiadores.
Membro fundador de Murguia: revista galega de história. Ten colaborado desde o inicio da revista, principalmente escrevendo recensions de libros.
Colaborador no Terra e Tempo digital desde 2011.
Autor xunto con Henrique Egea da columna A Torre de Trezenzonio que se publicou en Sermos Galiza de 2015 a primeiros de 2017.
Ten publicados dous papeis de investigação sobre os celtas na Galiza, os dous em Murguia.
Tamén o ensaio “Uma fundação exitosa” no libro colectivo: Estudos sobre o foro de Pontevedra, Concello de Pontevedra 2019.
Coautor, con Henrique Ejea, da parte de historia medieval en “40 datas que fizeram a história da Galiza”, Através 2019.