Celebrado
en setembro de 2022
no Museo do Pobo Galego
Santiago de Compostela
Celebrado
en setembro de 2022
no Museo do Pobo Galego
Santiago de Compostela
(Trasancos, 1982)
Licenciado en Humanidades pola Universidade da Coruña, é tamén doutor por esta mesma institución.
A súa principal liña de investigación céntrase no estudo do estereotipo antigalego e a galaicofobia, nomeadamente no relativo á expresión literaria e paremiolóxica deste fenómeno. Nesta mesma área de estudo desenvolveu a súa tese de doutoramento Xénese e consolidación do estereotipo antigalego na literatura española da Idade Moderna, dirixida polo profesor Manuel Ferreiro no Programa Oficial de Doutoramento en Estudos Lingüísticos da UDC.
Ten participado en publicacións académicas e xornalísticas de diversos ámbitos da cultura galega, quer en relación á imaxe do reino de Galiza e os galegos na literatura castelá, quer no relativo ás implicacións literarias e sociolingüísticas da galaicofobia. Sobre estas liñas de actuación, na actualidade forma parte do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (UDC).
Após exercer a docencia en diferentes niveis do ensino secundario e bacharelato, na actualidade é profesor da Área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña