O lexitimismo galego entre Portugal e Inglaterra (século XIV)

A crise que no século XIV afectou a Europa nos máis diversos aspectos (demográfico, militar, económico, social, ideolóxico) constitúe, contemplada nun ciclo de longa duración, o contexto da transición entre os reinos medievais e as monarquías modernas, xerme dos estados actuais. É comprensible que a historiografía lle prestase, polo xeral, gran atención.

O reino de Galicia tamén viviu ese período, particularmente ao longo da segunda metade da centuria, con notable intensidade, tecendo conexións con Castela, Portugal e Inglaterra. Mais neste caso, ata tempos moi recentes, os estudos foron parciais e insuficientes.

O destaque adquirido pola liñaxe nobiliaria dos Castro, elevado nalgún dos seus personaxes á categoría de mitos históricos, vertebra unha liña de observación que nos permite valorar con maior precisión os acontecementos e as súas importantes consecuencias para o devir do país

Anselmo López Carreira

(Vigo, 1951)

Licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela en 1976 e doutorouse na mesma Universidade en 1994. Foi Catedrático de Secundaria en varios institutos e Profesor-Titor na UNED-Ourense, así como “Doutor Vinculado” ao Instituto de Estudios Galegos «Padre Sarmiento»-CSIC.

Campos de investigación e publicacións:

sociedade urbana baixomedieval: A cidade de Ourense no século XV, Ourense, 1998; A cidade medieval galega, Vigo, 1999; Cangas na Idade Media. Estudio e documentación, Cangas, 1999.

edición de fontes documentais: Os Irmandiños: textos, documentos e bibliografía, Vigo, 1991; Padróns de Ourense do século XV, Santiago, 1995; O pleito das fortalezas de Ourense, 1455-1456, Ourense, 1998; Libro de Notas de Álvaro Afonso. Ourense, 1434, Santiago, 2000; Libro de protocolos de Xoán García, notario de Ourense, Madrid, 2007; Documentos do Arquivo da Catedral de Ourense (1289-1399), Santiago, 2017.

reino medieval de Galicia: Os reis de Galicia, Vigo, 2003; O reino medieval de Galicia, Vigo, 2005; O Reino medieval de Galicia. Crónica dunha desmemoria, Vigo, 2020 (en colaboración con X. M. Andrade), distinguido co Premio Losada Diéguez.

manuais de historia de Galicia: Historia de Galicia, Vigo, 2013) e participación nas obras colectivas Historia de Galicia, 1979 e 1991.

– outras: O Miño, un caudal de historia, Vigo, 2015; Arte e escritura na Galicia medeival, Vigo, 2019.

Ademais de numerosos artigos e relatorios en revistas, cursos e congresos, e colaboración en programas divulgativos da radio e televisión galegas, coordinou cursos universitarios da UNED e da Universidade de Vigo, e os Iº e IIº Simposio de Historia en Terra de Lemos (Monforte de Lemos, 2007 e 2008), comisariou a exposición Da Terra de Lemos ao Reino de Galicia, inaugurada en Ourense en febreiro de 2009.