Espectáculo teatral cómico-participativo de divulgación histórica en galego, dirixido a todos os públicos. Cun guión orixinal e rigorosamente documentado, recrea os feitos do século XIII nos que Aldonça e Sancha, lexítimas herdeiras do Reino de Galicia e León tras a morte de Afonso VIII, foron apartadas do trono por intereses políticos e de xénero.

A montaxe mesturou interpretación actoral con escenas de títeres e deseñouse para ser representada ao aire libre en espazos patrimoniais.

Foi representada en oito concellos da Coruña (Moeche, Cabana de Bergantiños, Vimianzo, Fisterra, Muros, Rianxo, Brión e Padrón), contribuíndo á posta en valor do patrimonio histórico e arquitectónico galego. Tras estas funcións iniciais, o proxecto continuou a súa difusión en espazos culturais e circuítos educativos.

A través dunha posta en escena didáctica e dinámica, TERRA DE RAÍÑAS buscou achegar a historia ao público xeral, incluíndo espectadores non habituais ao teatro.

O espectáculo abordou a discriminación das mulleres na sucesión ao trono e a perda da independencia do Reino de Galicia fronte a Castela, integrando elementos de música e tradición lírica trobadoresca. Ademais, garantiu paridade no equipo artístico e aposta pola linguaxe inclusiva e a corrección lingüística en galego.

PRESENTADO POR
Gabriel Penabade Outeiro

COLABORAN
Tero Rodríguez
Lucho Penabade
Borxa Insua
Beti Busto
Os Quinquilláns

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e con fins analíticos. Contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade externas que pode aceptar ou non cando accede a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos seus datos para estes fins.    Personalizar cookies
Privacidad