Celebrado
en setembro de 2022
no Museo do Pobo Galego
Santiago de Compostela

Celebrado
en setembro de 2022
no Museo do Pobo Galego
Santiago de Compostela

Charo Lopes

[Moderadora xeral do congreso]

Charo Lopes

Licenciada en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (2010), titulada superior en Fotografía Artística pola ESAD Antonio Faílde (2012) e Máster en Literatura, Cultura e Diversidade pola Universidade da Coruña (2018).

Na actualidade é membro do consello de redacción e responsábel da coordinación de imaxe no periódico Novas da Galiza, dirixe o Portal Galego da Língua e é co-editora da revista caleidoscopica.gal. Como fotógrafa está especializada en retrato; no proxecto umaqualquer.com traballa a representación en chave feminista, suxerindo ás modelos un xogo performativo e apropiándose da imaxe como unha ferramenta de autocoñecemento.

Como poeta gañou o 1º premio Xuventude Crea 2014 por Random do quotidiano, o Fiz Vergara Vilariño, co que publicou De como acontece o fim do mundo (Espiral Maior, 2016), e o XXXV premio de poesía Cidade de Ourense, con Álbum (Aira Editorial, 2020). Participou na antologia poética online Mafia Amiga, de Leite Edicións (2021), e o seu livro De como acontece o fim do mundo foi traduzido para o basco por Txerra Rodríguez e editado en booktegi.eus. Poemas seus fan parte da antoloxía de poesía galega contemporánea traducida ao finés por Rita Dahl Villielämää nuoren galicialaisen runouden antologia.
Participou no catálogo Território expandido do festival de fotografia Outono Fotográfico ​(Difusora, 2016), no Festival da Poesia no Condado (2017 e 2022) e na obra coletiva Tecermos redes, crearmos comunidade. Estudos sobre a obra de María Reimondez (Xerais, 2020). Publicou “O que significa ser indígena?” no nº4 da Revista Ardora (2019), e “Sereias galegas” no nº7 da Revirada Revista Feminista (2020).
Como fotógrafa, a sua serie Do ermo ​foi seleccionada no Xuventude Crea 2015 de Artes Plásticas e Fotografía, sendo exposta na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela (2015). Participou nas exposicións colectivas Pase(e)n e vexan, no Outono Fotográfico en Ourense (2011), Muller, arte e creatividade no Museo Municipal de Ourense (2012) e O espello é noso? na Galeria Cubo de Vigo (2019).

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e con fins analíticos. Contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade externas que pode aceptar ou non cando accede a eles. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos seus datos para estes fins.    Personalizar cookies
Privacidad